ESTE FOI O NOSO ÚLTIMO ANO NO CEIP VILAVERDE.
O VINDEIRO CURSO ESTAREMOS NO IES.
GRAZAS E ATA PRONTO!
SEXTO VILAVERDE
Este blog que nacera no ciclo pasado cando estabamos en terceiro, vai continuar este curso con todas as cousas de 6º, as novidades, as tarefas, os xogos, as nosas preguntas,... e algunhas fotos
domingo, 22 de junio de 2014
jueves, 29 de mayo de 2014
A PRIMEIRA FASE DA ACOLLIDA NO IES FREI MARTÍN SARMIENTO
Hoxe xoves, 29 de maio
de 2014 fomos coñecer o IES Frei Martín Sarmiento como parte do plan de
Acollida que desenvolvemos dende hai varios días.
Recibiunos a xefa de
estudos(Cristina), que nos conduciu ata o salón de actos , onde o director
(David) nos resolveu as dúbidas que tiñamos.
Despois, fomos a unha
clase de 1º da ESO, e observamos como traballaban os alumnos e alumnas.
Na media hora do
recreo deixáronnos mover polo centro. Algúns foron á biblioteca, outros ao pavillón,
os demais tiñan fame e foron á cafetería mercar algo, e cando acabamos...
Recolleunos a
orientadora, que nos levou a coñecer o instituto, como por exemplo; a
biblioteca, a aula de plástica, o laboratorio, a aula de idiomas, a sala de
profesorado...
Pareceunos un
instituto moi grande e... facía moita calor!
viernes, 9 de mayo de 2014
REBUMBIO MATEMÁTICO
Acordádesvos do rebumbio matemático?
Hoxe soubemos os resultados, non houbo sorte e non nos clasificámos pero estamos contentos co noso traballo e de vivir esa gran experiencia.
Suxerimos aos alumnos e alumnas de 6º dos anos seguintes que se animen a participar.
FOI UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!
Manu, Aldara e Jorge

jueves, 8 de mayo de 2014
TRABALLANDO CON CONTOS DE OQO
CON VARIOS CONTOS REPARTIDOS ENTRE OS GRUPOS TIVEMOS QUE BUSCAR ORACIÓNS, TÍTULOS, IMAXES, PERSONAXES,...RELACIONADOS CUNHA TEMÁTICA DADA
NESTE CASO A TEMÁTICA ERA..."NA COCIÑA"
CON TODOS ESTES ELEMENTOS FOMOS ENFIANDO UNHA HISTORIA EN GRAN GRUPO
NESTE CASO A TEMÁTICA ERA..."NA COCIÑA"
CON TODOS ESTES ELEMENTOS FOMOS ENFIANDO UNHA HISTORIA EN GRAN GRUPO
lunes, 5 de mayo de 2014
XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO ENTRA NAS NOSAS AULAS
NAS NOSAS CLASES APARECE UNHA PREGUNTA SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO...
AXUDARÉDESNOS A CONTESTALA?
DESPOIS SEICA IMOS GRAVAR A RESPOSTA EN VÍDEO!!!
AXUDARÉDESNOS A CONTESTALA?
DESPOIS SEICA IMOS GRAVAR A RESPOSTA EN VÍDEO!!!
miércoles, 30 de abril de 2014
REBUMBIO MATEMÁTICO 2014
O pasado día 25 de abril asistimos ó Rebumbio Matemático deste ano.
Saímos ás 9:45 aproximadamente dende o colexio. Leváronnos dúas nais(nai de Jorge/na de Alejandra) para poder chegar á Xunqueira.
A asociación chámase "AGAPEMA"(Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática).
O sitio non era moi grande e onde escribiamos eran tres mesas individuais xuntas. Non era moi cómodo facelo nelas, por iso puxemos un plástico para que nos facilitase o traballo. Como entramos un pouco antes da hora dúas señoras que estaban alí explicáronnos como ía ser e o tempo que teriamos(2h) Cando deron as once toda Galicia comezou a realizar os problemas para que fose xusto. Cada un dos seis problemas que había ían marcados por unhas etiquetas para que fose anónimo. Ao empezar a escribir xa non tiñamos nervios; teriamos que tirar para adiante.
Tras rematar, saímos as dúas clases á vez moi contentos e decididos,a entregar os problemas.
Foi unha experiencia inesquecible. Todos estabamos alegres e non podiamos parar de falar do tema. Para nós isto foi unhas das mellores cousas que fixemos neste curso, xa que non todos temos esa oportunidade.
Queremos dar as grazas por poder facer o que fixemos e ter unha cousa moi importante para lembrar.
Nuria, Alejandra e Samuel

Suscribirse a:
Entradas (Atom)